Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

Na tarde noite de onte, no Pavillón de Bouzas, o Amfiv iniciou de forma oficial os seus adestramentos de pretempada, de cara ao inicio da campaña o próximo 11 de outubro en Almería, ante o recén ascendido Cludemi.

César Iglesias contou con todos os xogadores que renovaron contrato (Bernabé Costas, Vicky Alonso, Julio Vilas, Lorenzo Envó, Txema Avendaño, Alberto Abalde, Filipe Carneiro, Samuel Rodríguez e Santi Comesaña) e coas dúas incorporacións ata o momento, ambos os dous procedentes do Basketmi ferrolano (Jose Teijido e Manu Lorenzo).

A dirección deportiva do conxunto vigués segue traballando para pechar algunha incorporación coa que completar o equipo.