Unha sentida homenaxe sen o premio final

Imprimir

amfiv homenaxe pabloAntes do comezo do encontro, a xunta directiva do Amfiv fixo entrega, por medio do capitán do primeiro equipo, Bernabé Costas, e de Nicolás Muñoz, representando ás escolas do club, dunha camiseta conmemorativa a la familia Beiro, co número 15, o que usaba na súa etapa de xogador o presidente e fundador do conxunto vigués.

Ademais, os dirixentes do club anunciaron a intención de retirar o número 15, que non vai volver a ser utilizado, como o seu particular homenaxe a Pablo Beiro e gardouse un emotivo minuto de silencio. Presenciaron o partido o alcalde de Vigo, Abel Caballero, o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, e o secretario Xeral para o Deporte, José Manuel Lete, entre outras autoridades das distintas institucións, compañeiros da corporación municipal e amigos de Pablo Beiro.

O Amfiv non puido culminar cunha vitoria o que debía ser o seu último encontro como local esta tempada, un partido cun marcado carácter emotivo xa que os vigueses renderon o seu particular homenaxe antes do inicio do choque ao seu presidente, Pablo Beiro, recentemente falecido.

Precisamente esa circunstancia provocou que o conxunto de César Iglesias non dera xa por concluída a tempada e teña que afrontar aínda o choque aprazado ante o Fundación Grupo Norte, que finalmente se celebrará o próximo sábado 28 de marzo ás 17.00 horas. Será a última oportunidade de estrear a cuadrícula de triunfos nesta Fase polo Título despois de que, unha vez máis esta campaña, os erros en lanzamentos claros fosen un lastre demasiado grande para un Amfiv que, malia todo, volveu mostrar o seu tradicional carácter e pouta e, cun público entregado e empurrando ao seu equipo, tivo opcións de vitoria ata o últimos suspiro. Non puido ser xa que o Clínica Rincón Amivel, liderado por un xenial Jesús Romero, non fallou nos instantes decisivos e levou o triunfo.

O comezo do encontro, tras a homenaxe da directiva ao seu desaparecido presidente retirando o número número 15 e entregando a la familia Beiro unha camiseta conmemorativa, invitaba o optimismo. A aposta de César Iglesias por tres xogadores clase 4 (Lorenzo Envó, Karol Szulc e Txema Avendaño) equilibraba as cousas ante o potencial na zona do Clínica Rincón Amivel. De feito, a pesar de que xa empezaban a acumularse os erros nos lanzamentos, o Amfiv lograba as primeiras rendas (15-9, min.7; 17-11, min.8). Pero a irrupción no encontro de Álvaro Mora para formar unha parella interior de moitos centímetros con Vargas variou radicalmente a situación. Así, un parcial de 0-11 invertía a situación para un Amivel que empezaba a sentirse cómodo (17-22, min.11).

Tanto que non tardou demasiado en enganchar outra boa sorte ante un equipo local ao que, seguindo coa tónica da tempada, lle custaba facer puntos. Por iso, do 21-24 do minuto 12 pasouse nun abrir e pechar de ollos o 21-31 selado cun triplo dun inspirado Romero (min.14). Polo Amfiv apareceu nese momento Vicky Alonso para achegar moi bos minutos e puntos para intentar minimizar os danos ao descanso. Pero xa non foi só unha cuestión de erros nos lanzamentos, xa que a isto o seu uniu a mala fortuna ata en tres ocasións consecutivas a tiros de Santi Comesaña, Txema Avendaño e la propia Vicky, para que ao intermedio se chegase cos andaluces dez arriba (27-37).

O Amfiv volveu ao partido coas pilas cargadas e non tardou demasiado en engancharse plenamente ao encontro de novo e, de paso, gañarse a unha afección que empezou a vibrar cos seus. O marcador apertábase e moito e ao final do terceiro período todo parecía posible (43-49).

Os pupilos de César Iglesias acariciaban coa punta dos dedos unha remontada que, non obstante, non remataba de concretarse. Cada vez que os vigueses poñían a tiro de pedra, (55-58, min.35), o Clínica Rincón Amivel arranxáballas para dar un novo tirón no marcador. Ademais, a Calderón e a Romero non lles tremeu a man dende o tiro libre, todo o contrario que a Lorenzo Envó, quen mantivo a dinámica do equipo esta campaña e asinou un 2 de 6 para un 33 por cento de acerto dende a liña de persoal, unha porcentaxe pouco habitual nun tirador da súa fiabilidade. Deste modo, o acerto dos malagueños abortou calquera posibilidade dun Amfiv que, malia todo, seguiu porfiando ata o asubío final.

AMFIV - CLÍNICA RINCÓN AMIVEL        65-70
AMFIV: Karol Szulc (9), Filipe Carneiro (-), Lorenzo Envó (20), Txema Avendaño (14), Jose Teijido (-) -cinco inicial-, Manu Lorenzo (2), Bernabé Costas (16), Santi Comesaña (-) e Vicky Alonso (4).
CLÍNICA RINCÓN AMIVEL: Calderón (14), Francis Sánchez (2), Jesús Romero (19), Vargas (10), Lakniz (6) -cinco inicial-, Gabranovs (11), Álvaro Mora (8) e Francis Ruiz (-).
PARCIAIS: 17-20, 27-37 (descanso), 43-49 e 65-70 (final)
ÁRBITROS: Rebolo, Marqués e Fernández. Sen eliminados.
INCIDENCIAS: Encontro correspondente á oitava xornada na Fase polo Título da División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas disputado no Pavillón de Bouzas.