Cabecera Vide

Os xogadores do Amfiv superan sen problemas as revisións médicas no Hospital Vithas Fátima

amfiv revisionComo xa é unha tradición dende hai máis de seis anos, dende o pasado luns os xogadores do Club Amfiv han pasado polas instalacións do Hospital Vithas Fátima para superar as pertinentes e necesarias revisións médicas previas ao inminente inicio da tempada na División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas.

Os vigueses, que o próximo sábado 17 de outubro debutarán no Pavillón Pablo Beiro de Bouzas ante o Fundación Grupo Norte valisoletano, foron sometidos a diversas probas para comprobar o seu óptimo estado de saúde grazas ao acordo de colaboración renovado entre o Hospital Vithas Fátima e o Amfiv.

Grazas a este convenio, o centro médico, auténtica referencia dentro do tratamento de deportistas na cidade, encargarase unha campaña máis e xa van sete do benestar dos integrantes de la familia Amfiv. Porque esta semana foron os xogadores do primeiro equipo os que superaron as revisións médicas pero, en próximas datas, serán os integrantes do MasVisión Amfiv B os que terán que someterse tamén ás probas para confirmar o seu bo estado de saúde.

Pero o acordo non só implica as revisións médicas posto que o Hospital Vithas Fátima velará durante toda a tempada polos xogadores do conxunto vigués. Así, en caso de calquera lesión ou posible incidencia, o centro hospitalario se ofreceu a realizar as probas e/ou tratamentos necesarios coa maior brevidade posible para que de forma case inmediata os xogadores poidas volver estar a disposición dos seus adestradores. E para conseguilo, o Hospital Vithas Fátima conta cuns extraordinarios medios técnicos e humanos, entre os que destaca especialmente o servizo de fisioterapia que xa dende fai algunhas campañas encárgase de solucionar calquera pequena molestia ou lesión dos xogadores do Amfiv.
"Para nós é unha alegría que nestes tempos difíciles, toda unha referencia dentro da cidade como é o Hospital Vithas Fátima, queira seguir apostando por nós. Sempre nos trataron dunha forma sensacional, poñendo todos os seus medios á nosa disposición, e só podemos estarlles agradecidos. O mundo do deporte en Vigo sabe que o Hospital Vithas Fátima é a súa casa e nós estamos encantados de que nos abriran as portas de novo e confiamos que siga así durante moitos anos máis", explica o presidente do Amfiv, José Antonio Beiro.