O Amfiv cumpre coa lóxica e imponse con solvencia no derbi ante Basketmi

Imprimir

O derbi galego da División de Honra de baloncesto en cadeira de rodas non deparou sorpresas e o Amfiv impuxo a súa experiencia na categoría e o potencial do seu equipo ante un Basketmi recén ascendido e coa mente máis posta en pelexar por evitar o descenso na segunda fase de la competición.

O conxunto de César Iglesias deixaron o enfrontamento xa completamente sentenciado no terceiro cuarto, no que asinou un parcial de 3-22, para acabar coa resistencia dun equipo local que ao intermedio aínda mantiña a esperanza (14-36, min.20).

As numerosas perdas de balón nos dous primeiros cuartos evitaron que os vigueses puidesen despegarse con anterioridade no marcador ante un Basketmi pelexón. Os axustes en defensa, que permitiron sacar con rapidez o contragolpe e empezar a anotar con maior facilidade, foi básicos para o crecemento dos pupilos de César Iglesias na segunda metade, a pesar de que o acerto nos lanzamentos non foi tampouco excesivamente alto. Deste xeito, a diferenza foi incrementándose lenta pero inexorablemente co paso dos minutos ata o 29-75 co que finalizou o encontro e se concretou a primeira vitoria de campaña de Amfiv que a próxima semana intentará dar outro importante paso para tratar de clasificar para a Fase por Título no seu compromiso en Bouzas ante o Getafe.