Cabecera Vide

Manel Fernández fai entrega da viaxe á República Dominicana, patrocinada por Viaxes Zonda, ao gañador do sorteo

manel entrega viaxeO presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández, fixo entrega na mañá de hoxe da viaxe á República Dominicana cedida pola empresa patrocinadora de Siareiros, Viaxes Zonda, en presenza da súa Directora, Alice Martínez.

O flamante gañador, Daniel Fernández Montero, posuidor dun boleto vendido polo Club Amfiv, recibiu o premio acompañado do presidente da entidade deportiva adherida ao programa Siareiros, José Antonio Beiro.

O programa supuxo uns ingresos atípicos para ás entidades deportivas de algo máis de 23.000 euros e o concelleiro de Deportes, espera que esta acción tan positiva para o deporte local se manteña en próximas tempadas.

O sorteo tivo lugar o pasado 16 de xaneiro, non Pavillón Pablo Beiro de Bouzas, en presenza de directivos do Amfiv, o edil de deportes e a directora de Viaxes Zonda, no tempo de lecer do partido Amfiv-Bilbao BSR da División de Honra de baloncesto adaptado.

Viaxes Zonda, unha das novas sinaturas colaboradoras da Fundación Vigo en Deporte dende 2015, presenta tamén novas promocións para abril con circuítos para non esquecer, o para maio no día da Nai ou no día das Letras Galegas.

Máis información...