O Aldasa, á Willi Brinkmann

Imprimir

amfiveuroligaO Aldasa finalizou na cuarta posición o Grupo C da euroliga 1 despois de que o Besiktas se impuxese ao Burdeos (66- 85) co que houbo un triplo empate pola terceira posición.

O RSV Lahn Dill, invicto, logrou a primeira praza e xogará a Liga de Campións xunto ao Elecon Roma, segundo.

O Besiktas foi o grande beneficiado do triplo empate e logrou a cuarta posición, clasificándose para a fase final da Copa André Vergauwen que se xogará en Badajoz.

O Aldasa, pola súa banda, ocupou a quinta praza co que por sexto ano consecutivo disputará unha fase final de competición continental, nesta ocasión a Willi Brinkmann, que se celebrará do 22 ao 24 de abril en Suíza.