
Din que non hai dous sen tres e o conxunto vigués que dirixe Abraham Carrión cumpriu co aforismo. Hoxe sábado derrotou na súa semifinal ao Fuhnpaiin Peraleda de Toledo (53-54). Os vigueses lográrono a un segundo do final grazas a un triplo de Lorenzo Envó.
O equipo vigués perdeu as súas dúas finais anteriores en Vigo 2006 (62-67 fronte ao Santo Stefano italiano) e en Tuzla 2008 (65-66 contra o padova transalpino).
Os vigueses mídense este domingo ao Fundación Grupo Norte de Valladolid (12:15 horas) na localidade suíza de Meyrin (Xenebra). A imaxe que apoia esta información corresponde ao triplo final de Envó.