O Uorsa Vigo deu unha grande impresión en Teruel

Imprimir

cprincipe06_bA visita do Uorsa Vigo a Teruel era complicada, así como o final da primeira volta dos vigueses xa que despois de recibir en Vigo a Unicaja tería que verse as caras cos primeiros clasificados da superliga.

Pero o que son as cousas os discípulos de Calafell fóronse a Teruel pensando que poden facer as cousas mellor que ata este momento. A vai que o equipo vai de menos a mais e isto ten que ter o seu reflexo nos distintos encontros que debe disputar. En Teruel demostraron que ninguén se pode fiar de ninguén e que todo o mundo debe poñer o máximo empeño en cada un dos encontros que disputen os xogadores do Uorsa Vigo. Nesta ocasión deron un bo susto, aos ata agora Campións de liga 09-10, e o Pavillón de Teruel, posto en piei, tributou unha grande ovación aos xogadores vigueses polo bo encontro ofrecido. Un punto moi importante para a cuadrícula viguesa e unha grande melloría de todos os seus xogadores, algo que terán que referendar a próxima fin de semana cando se enfronten ao Sete Islas Vecindario en Coia.

O primeiro set comezou con certa igualdade pero xa se vía que os vigueses non ían ser presa doada para os locais. As grandes defensas viguesas facían desesperar aos xogadores locais que non sabían por onde atacar. As diferenzas empezaron a preocupar no banco local pero os tres puntos de distancia 13-16 aumentaron ata os oito puntos nos que finalizou o set.

O segundo set comezou igual que o primeiro, moita igualdade en marcador e ningún de dous equipos se despegaba do seu rival. Ao primeiro tempo técnico chégase cun só punto arriba por parte local 8-7, o que significaba que as cousas seguían como no set anterior. Foron os galegos os que primeiro fóronse no marcador 15-17. Esta pequena diferenza aumentouse a 4 puntos para finalizar o set co eses dous puntos de diferenza.

O terceiro set tivo un inicio igual aos dous anteriores con empates sucesivos no marcador e, novamente, ningún se despegaba do seu rival. Pero neste set eran os locais os que levaban o seu manubrio. Unha gran reacción visitante fixo empatar o set e mesmo poñer por diante dous puntos 16-18. Esta diferenza facía perigar o set e por conseguinte o partido o que fixo que os locais se apertasen, sobre todo en ataque, e iso xunto ao grande apoio do público fíxolles poñerse por diante. Dous grandes acertos de Cáceres remataron coa ilusión viguesa pero que isto non significaba o rendemento total.

O cuarto set xa comezou con pequenas vantaxes locais e mentres aos vigueses xa lles custaba sumar puntos aos turolenses formuláballes menos problemas que nos sets anteriores. O técnico local, Oscar Novillo, empezou a tirar de banco, algo do que carecen outros equipos, e conseguiu endereitar o set e empatar o encontro que se lles puxera costa arriba.

Con dous sets empatados comezaba o quinto set ou o que adoitamos chamar o da lotaría. Pequenas vantaxes de ambos os dous equipos e a mais alta para os locais 5-3. Os vigueses conseguiron empatar a 5 puntos, algo que non lles serviu xa que un tempo morto local volveu deixar as cousas como estaban, 8-6. Os visitantes comezaron a fallar ou pola contra os locais a acertar e iso motivou a derrota pola mínima que reflectiu o marcador final.

Bo resultado para os vigueses que suman un punto mais na súa cuadrícula, que lle deron un bo susto aos turolenses e que deixan un aviso importante para aqueles equipos que pensen en levar os puntos contra o Uorsa Vigo.

Agora queda a última xornada do ano en Vigo, que será no Pavillón de Coia o próximo sábado ás 18,30 horas contra a Veciñanza, outro equipo dos que deben estar arriba pero aos que os vigueses non deben terlles medo xa que despois do bo partido contra Unicaja e este contra Teruel deben referendar o grande momento de forma polo que están a pasar para tratar de dobregar a outro dos grandes.

C.V. TERUEL 3 UORSA VIGO 2

Parciais:17-25 (27m.)23-25 (27m.)25-21(26m.)25-17 (25m.)15-10(16.)

TERUEL: Hernán; Bernal; Machacón; Oroz; Subiela e Adoite. Libre Efrón. Tamén xogaron; Rojas; García Torres e Cáceres.

UORSA: Branco; Dus; Romeral; Chaso; Guerreiro e Silvio. Libre Regueiro. Tamén xogaron; Nenad; Mahia e Galego.

Árbitros: Arrate e Rodríguez.
Pavillón Municipal de Los Planos: 1.500 espectadores