O Uorsa Vigo complícase a vida

Imprimir

cprincipe06_bOs xogadores vigueses crían que despois de vencer no primeiro set xa estaba todo feito e no primeiro set non foi así. O conxunto visitante non soamente mantivo o seu nivel senón que foron de menos a mais mentres que os locais fixeron todo o contrario. Foron capaces de facer os seus puntos e os do rival.

Con este resultado os vigueses complícanse a vida e xa deben empezar a mirar a clasificación e sobre todo os demais resultados xa que están moi implicados no descenso xa que os demais equipos que lles seguen na clasificación seguen sumando mentres que eles quedan cos seus 19 puntos, evidentemente insuficientes para manter a categoría.

O encontro comezou igualadísimo xa que os empates foron constantes ao longo deste. Os vigueses fóronse no marcador despois do empate a 17 puntos o que lles deu máis tranquilidade e se "permitiron" o luxo de non cometer excesivos erros e iso foi o que lles deu este primeiro set.

No segundo as cousas cambiaron moito. Os visitantes xa se foron no marcador dende o comezo para poñerse 5-9. Este parcial facía que os nervios saísen a flor de pel e ningún dos xogadores no campo era quen de tomar a "batuta" para levar o equipo cara a arriba. Ningún xogador deixaba de cometer erros e así é certamente imposible gañar o set que entregaron a Tarragona moi pronto e con demasiada facilidade.

O terceiro set tamén comezou como o anterior con diferenzas favorables ao conxunto visitante que xa estaba mais tranquilo sobre a cancha e sobre todo superando aos locais en todas as facetas do xogo. Cometían menos erros e deixaban que os seus rivais fosen os que errasen. Desta forma as diferenzas aumentábanse no marcador e mentres uns xogaban relaxados, Tarragona, outros, os locais, facíano de xeito desorganizado e moi individualizado. Desta forma leváronse con moita tranquilidade o set á súa cuadrícula.

Con dous sets a un ao seu favor os xogadores de Tarragona deixan facer os seus rivais, que como dicimos facían os seus puntos e os do contrario, e desta forma que se fose consumindo o set. O inicio foi similar aos dous sets anteriores. Cando o marcador estaba 10-14 apareceu unha reacción, espellismo, dos locais que chegaron a poñer por diante dous puntos 17-15. Este marcador facía presaxiar que podiamos ver un novo partido a cinco sets, pero non foi así. Os locais seguiron regalando puntos no marcador e o que se presumía na bancada viuse con claridade no campo e novamente sumando erros locais entregaron o set, o partido e os tres puntos.

UORSA VIGO 1 TARRAGONA 3
Parciais; 25-19 (25m.) 17-25 (24m.) 20-25 (25m.) 20-25 (27m.)
UORSA VIGO; Branco; Nenad; Silvio; Guerreiro; Romeral e Mahia. Libre Regueiro. Sen cambios.
TARRAGONA; Tey; Altamirano; Imhoff; Salinas; Duarte e Stevovski. Libre Toribio. Tamén xogaron: Amora X; Bordas; Stevovski A. e Amora C.
Árbitros: Saboroso e Andrés. Ben
Pavillón de Coia. 200 espectadores.