O Vigo sairá en Superliga a próxima tempada

Imprimir

cprincipe06_bPosiblemente unha das decisións mais importantes que se tomaron dende hai varios anos, foi a que adoptou a Xunta Directiva que non é outra que se comprometer a participar a próxima tempada na superliga de Voleibol 11-12.

Despois de sopesar os pros e os contraás pesaron mais os que se deciden por saír adiante xa que independentemente do primeiro equipo non debemos esquecer todos os equipos que xiran en torno aos que se engadiu esta tempada pasada varios equipos femininos. Tratar de manter as categorías base e o equipo de elite no que poidan verse reflectidos os mais pequenos, así como conseguir un equipo que cada tempada sexan mais os xogadores da canteira, é outro dos obxectivos marcados para a nova tempada.

É indubidable que a situación económica pesará moito á hora de confeccionar o equipo pero non é menos certo que a directiva tratará de equilibrar os ingresos cos gastos. Resultará moi doado adiviñar de onde se reducirá parte de presuposto. Os gastos de desprazamento non van baixar. Os gastos federativos non van baixar. Os gastos arbitrais non van baixar. Os gastos de mutualidades non van baixar. Por conseguinte a única parte que se someterá a unha redución serán os xogadores e os técnicos polo que se seguirá traballando coas categorías base e que cada tempada poidamos ter mais xogadores galegos no primeiro equipo.

Renovación de Flavio Calafell

Unha vez finalizada a exitosa tempada 10-11, o primeiro paso era decidir se o primeiro equipo sairía na máxima categoría do voleibol nacional. A segunda decisión pasaba pola continuidade do técnico Flavio Calafell e esta produciuse coa aceptación das condicións económicas e deportivas de cara á seguinte tempada. Calafell é consciente da situación económica pola que atravesa o Club polo que é o primeiro en adaptarse ás posibilidades que ten o Club para afrontar con certas garantias a nova tempada.

Renovación do equipo

O seguinte paso é o das conversacións cos distintos xogadores que participaron a tempada pasada. Dende onte mesmo a Directiva está a comunicar a cada un dos xogadores cual é a súa situación e a partir dese momento, e baixo as directrices de Calafell, tratar de confeccionar un equipo que o Club poida afrontar dende o punto de vista económico e que poida cumprir os obxectivos que se marquen dende o punto de vista deportivo.

Nunca se deixou de traballar dende a Directiva pero agora é cando comeza o traballo mais duro que pasa por conseguir os medios económicos necesarios para non pasar apuros e sobre todo axustar os gastos aos ingresos do propio Club.