Cabecera Vide

Dobrete do Club Vigo en categorías inferiores

pablo_oscar_carlos_vigo_volei_set.11A canteira do Vigo Voleibol segue dando alegrías. Neste caso na modalidade de voley-praia na que tres dos seus representantes con tan só 14 e 15 anos se proclamaron brillantemente campións galegos nas categorías sub-17 e sub-19.

Pablo Penedo, Óscar Sánchez e Carlos López demostraron a súa superioridade nas praias galegas durante este verán ao vencer con total autoridade nas categorías sub-17 e sub-19.

Na menor das categorías a tripleta viguesa non deu opcións aos seus rivais e co triunfo na última proba disputada en Boiro despois de ser suspendida no seu día por razóns climatolóxicas, completaron un fantástico pleno de vitorias nas catro probas do circuíto sen perder un solo set en toda a competición.

En categoría sub-19 a situación estaba moito máis axustada e a parella Penedo-Sánchez chegaban líderes á última proba, pero cunha mínima vantaxe sobre os seus perseguidores co que xogaban todo o último día. No areal de Barraña viviuse unha vibrante xornada na que tres parellas tiñan opción ao título de campións galegos. A pesar da súa xuventude a parella viguesa alcanzou o triunfo na clasificación final e, aínda que empezaron a competición de forma un pouco irregular, foron de menos a máis e cando chegaron as fases decisivas souberon sacar o mellor do seu xogo e lograron desfacerse dos seus rivais directos vencéndoos de forma contundente nos cruzamentos eliminatorios, deixando claro cál era a parella merecedora do título e chegando á disputa da final do torneo sendo xa campións galegos. Isto produciu unha relaxación lóxica que permitiu a unha gran parella Prada-Pardo facerse con esta última proba o que lles permitiu confirmar á a súa cuarta posición final.

Cabe destacar tamén a inclusión destes novos xogadores en probas de categoría sub-21 nas que chegaron mesmo a subir ao podio nalgunha delas.

Estes resultados confirma o bo momento e as expectativas de crecemento da canteira do club xa que tamén hai que destacar a crecente participación doutros moitos xogadores (Peláez, Linares, Tempas, Cerviño, Pérez, Castro,….) en todas as categorías obtendo resultados moi positivos e permitindo no segundo ano de participación alcanzar un meritorio terceiro lugar na clasificación final de clubs algo que sen dúbida se superará en edicións vindeiras coa participación da emerxente sección feminina do club.