Cabecera Vide

O Vigo Voleibol disputa o campionato de españa xuvenil en Girona

Onte, mércores, nas instalacións Deportivas municipais de Blanes, Girona, comenzou a disputarse a final do Campionato de España xuvenil de voleibol masculino. A este Campionato acode o Club Vigo Voleibol en representación de Galicia como campión da actual tempada. Os nosos representantes están encadrados nun grupo moi difícil, posiblemente o que mais, xa que entre os seus rivais estarán o Unicaja Almería, Alcalá de Madrid o C.V. Caracava, terceiro da tempada anterior.

Unha vez disputados os tres encontros deste grupo, todos contra todos, os dous primeiros clasifícanse para a fase seguinte, entre os doce primeiros, e os dous últimos para a disputa dos postos entre o 13 e o 24. A expedición viguesa está comandada polo técnico do primeiro equipo, Eduardo Sánchez, que nesta ocasión tamén figura de adestrador do equipo xuvenil. Todos están moi animados aínda que manteñen certas reservas do que poden facer neste campionato xa que a tempada anterior, por problemas económicos, non acudiron a fase final do campionato de España e se foron ao de categoría cadete, onde se clasificaron terceiros e medalla de bronce.

Para esta tempada terán que enfrontarse a equipos con xogadores ata dous anos maiores ca eles pero non será obstáculo para que poidan render a un bo nivel toda vez que moitos dos nosos representantes xa teñen experiencia en División de Honra. O Campionato desenvolverase ata o domingo, día 28, en xornadas de mañá e tarde.