O Vigo enfróntase ao Emevé na final da Copa Galicia

Imprimir

Este domingo, pavillón de Coia, ás 12,00 horas, disputarase a final de la Copa Galicia de voleibol masculino entre os equipos do Club Vigo e o Emevé de Lugo. Os dous equipos da máxima categoría do voleibol nacional disputan esta nova edición Galega despois de vencer, ambos os dous, con facilidade aos seus rivais a pasada semana.

Os lucenses venceron en San Sadurniño ao titular desta localidade coruñesa e os vigueses fixeron o mesmo en Boiro ante o Boiro Voleibol. Os dous equipos derrotados pertencen á segunda categoría do voleibol nacional. Volven os dous equipos mais representativos de Galicia a disputar unha final galega e nesta ocasión serán os dous rivais da máxima competición. Os dous conxuntos con distintas composicións deportivas xa que mentres os de Emeve chegan á nosa cidade moi reforzados deportivamente sobre o que tiñan a tempada pasada, non pasa o mesmo nos vigueses, que se ben os seus novos xogadores teñen un ano mais de experiencia, fáltalles completar o equipo cun central co que xa ao comezo da nova competición non contan.

Os mesmos xogadores que se enfrontaron a pasada semana a Boiro serán os que afronten a máxima competición nacional. Este é o reto que se marcaron dende a dirección técnica e tamén dende a xunta directiva xa que se os medios económicos non dan para mais, terán que saír con toda a xuventude que teñen ata este momento. Será, este encontro, unha boa pedra de toque de cara ao comezo da competición xa que o primeiro encontro oficial da nova tempada a celebrar na nosa cidade será precisamente contra Lugo.

Os afeccionados poderán ver e calibrar as posibilidades dos vigueses de cara a unha nova tempada onde se marca como obxectivo deportivo manter a categoría, descende soamente un dos equipos que compiten, e esperan non ser o descendido, para o que terán que seguir loitando e traballando como o fixeron a pasada fin de semana. E

Entrada gratuíta neste primeiro encontro, que servirá de presentación para todos os afeccionados, terá outro obxectivo que pasa por aumentar o número de siareiros do Club vigués nunha tempada con moitas dificultades pero que esperan que coa dedicación e o traballo poderán sacar adiante.

Xa se poden sacar os carnés de Siareiros do Club, haberá persoas no pavillón para informar das actividades do propio Club asi como para facer cada día mais afeccionados que acudan a Coia a animar a este primeiro equipo, moi novo pero cheo de ilusións, que non dubidará en levar o nome de Vigo e de Galicia no mais alto.