Cabecera Vide

A copa Galicia de voleibol quedou en Vigo

copa_vigo_voleibolVitoria do Club Vigo ante o Emevé de Lugo na final da Copa Galicia de voleibol masculino. Para os dous equipos, era unha boa pedra de toque de cara ao comezo da competición, enfrontarse a un dos rivais que van ter en fronte na liga oficial, onde se disputarán os tres puntos de cada encontro. Nesta ocasión, a final da Galicia serviu para ter un partido mais antes do comezo oficial, e por outra banda, saber cál dos dous conxuntos pode presentarse un pouco mais rodado que os seus rivais.

Moita igualdade na cancha, nos erros cometidos polos dous equipos pero foron os vigueses os que tiveron mais acerto á hora de definir cada un dos sets coa experiencia (case todos xuvenís) de tempadas anteriores na máxima categoría.

O encontro comezou con moita igualdade e ningún dos dous equipos era capaz de distanciarse mais de dous puntos do seu rival no marcador. Os vigueses con mais serenidade e tranquilidade os que se beneficiaron dun erro rival e dun grande bloqueo de Ortega que lles dá o primeiro set.

O segundo seguiu a mesma tónica pero nesta ocasión se veia mais solto ao conxunto lucense o que lles permitía ir por diante de ata tres puntos que lle deron a tranquilidade suficiente para levar o set do empate.

O terceiro set marco a mesma marcha que os anteriores onde os lucenses chegaron a poñer tres puntos arriba na recta final do set 16-19, pero non foi suficiente xa que os vigueses empataron o set a 22 puntos para rematalo nun emocionante final por ese 26-24.

O cuarto, e definitivo, foi tamén igualado pero nesta ocasión, e aínda que fose por un só punto, eran os locais os que sempre foron por diante no marcador levando o ritmo do partido e non deixando en ningún momento que os visitantes os superasen.

Con esta vitoria a Copa Galicia 2013 queda en Vigo, o ano anterior gañárona os lucenses, e ao mesmo tempo os afeccionados vigueses comezan a vivir unha nova tempada onde o conxunto local aspira a manter a categoría contra equipos que lles superan con creces o seu presuposto, mantendo os vigueses o traballo de canteira que ninguén dubida que moi pronto lles dará moitas alegrias, e ao mesmo tempo farán gozar do seu voleibol a todos os que se queiran achegar cada quince dias polo Pavillón de Coia.

VIGO: Edu Sánchez; Parga; Penedo; Galego; Ortega e Mateo. Líbero Carlos. Tamén xogaron: Berceruelo e Oscar.
LUGO: Romeral; Bouza; Zayas; Mazarro; Mate e Rodríguez. Líbero Castaño. Tamén xogaron: López , Sánchez e Valín.
Arbitros: Cordeiro e Domínguez.
Pavillón de Coia. 150 espectadores.
Entregou a Copa Galicia o Delegado provincial de deportes.