Cabecera Vide

Severa derrota do Club Vigo en Madrid

No peor momento enfrontáronse os dous rivais que ocupaban as últimas posicións da clasificación regular. Madrid, coa súa veteranía, e Vigo, coa súa inexperiencia, o que podía significar que unha derrota para calquera dos dous suporía descolgarse da posibilidade de estar mais tranquilo ademais de deixar ao seu rival a mercede de terceiros que a estas alturas da competición non deixa de ser significativo.

Os vigueses fixeron o peor partido que se recorda en varias xornadas e Madrid sen ser un equipo grande, é do nivel dos vigueses, dobregou en todo momento aos homes de Eduardo Sánchez que non atoparon ningunha abertura por onde meter o balón para contrarrestar os frouxos ataques madrileños. Os fallos consecutivos dos vigueses leváronos ata a perdida dun punto por atrasarse nun saque, algo nada habitual e que cando non se está no partido pouco se pode dicir da derrota obtida.

Moita alegría por parte madrileña xa que ata este momento ían empatados a puntos cos vigueses e agora os distancian tres puntos algo que a priori non é normal sobre todo pensando que os galegos viñan de gañalo a Andorra en Vigo e este último venceu esta fin de semana por un claro 0-3 a Vecindario de Las Palmas.

O primeiro set xa foi unha viva imaxe do que se podería ver ata o final xa que os locais, con moita facilidade, marcharon no marcador por catro puntos o que lles permitiu levar o set con moita facilidade e sobre todo con tranquilidade habida conta que eran os vigueses os que propician cos seus moitos fallos, os puntos dos locais.

O segundo set foi un pouco mais emocionante xa que os empates se sucederon ao longo deste e ningún dos dous contendentes marchaban mais alá de dous puntos, 16-14. Pero cando os vigueses comezaron a remontar para empatar o set foi cando mais claros foron os erros galegos o que lles deu a vitoria.

O terceiro set foi moi parecido ao anterior xa que en ningún momento se vía que os vigueses puidesen reaccionar ante a superioridade dos locais xa que cando non eran os capitalinos os que pasaban o balón eran os visitantes os que erraban nas súas accións. Desta forma finalizou o set e o encontro.

V.P. MADRID 3 CLUB VIGO 0
Parciais: 25-19 (24m.) 25-22 (28m.) 25-21 (27m.)
MADRID: Mahia; Baos; Vidal; Dante; Petrov e García. Líbero De Las Casas. Tamén xogou Román.
VIGO; Sánchez; Galego; Ortega; Rodríguez; Mateo e Parga. Líbero Oscar Sánchez. Tamén xogou Penedo.
Árbitros: Robles e Godoy.
Pavillón Municipal de Entrevias. 150 espectadores.