O Club Vigo finaliza o ano vencendo

Imprimir

Un desprazamento complicado o que tiña o CLUB VIGO a terras palentinas. Primeiro porque se enfrontaba a un equipo que está a dar moitas sorpresas, segundo porque xoga moi relaxado xa que está premido por ningunha clasificación, terceiro porque teñen un gran criadeiro con moitos xogadores de futuro e por último porque o frio no pavillón e despois dun desprazamento, dos vigueses, con certo cansazo todo podía influír.

Pero non foi así xa que os vigueses demostraron que este ano ten que ser o do retorno á máxima categoría e non queren deixar escapar ningún dos puntos que se disputan en cada partido.

Comezou o encontro con pequenas igualdades no marcador que rapidamente foron desnivelando o encontro a favor dos visitantes. Chegouse ao primeiro tempo técnico xa con vantaxe visitante de tres puntos 5-8. A partir dese momento os vigueses non deixaron que os locais se achegasen e mesmo as diferenzas se aumentaron ata oito puntos. As defensas visitantes xunto cos bloqueos facían que as novas promesas non puidesen co poderío vigués. Todo iso fixo que o set se fose á cuadrícula visitante cunha cómoda diferenza de sete puntos.

A mesma situación se pode ver no segundo set. Os de Flavio Calafell non querían que os locais puidesen virse arriba e mellorar os números do set anterior, pero non foi así. Novamente as grandes defensas visitantes permitían contraataques que dificultaban que os locais puidesen achegarse no marcador. As diferenzas novamente facíanse cada vez mais grandes e isto permitiu que o set se fose á cuadrícula viguesa pola mesma diferenza que no set anterior.

O terceiro set significou a relaxación visitante e por conseguinte a melloría dos locais. Fallaron os bloqueos vigueses así como a defensa. Ninguén atopaba o seu sitio no campo, nin tan siquiera os cambios realizados por Calafell daban o resultado apetecido. Todo iso permitiu que os locais se fixesen cun set excesivamente doado e sen ningunha complicación. Esa diferenza, ao final, de dez puntos deixaba ben claro que equipo dominara de principio a fin deste.

O resultado do set anterior poñía certo nerviosismo nas filas viguesas, que non deixaron que así fose xa que novamente os xogadores de Calafell non deixaron facer o seu xogo aos locais e dende o comezo do set marcharon no marcador con mais facilidade que nos dous sets primeiros e así foron capaces de rematar un set e un partido que reflectiu no marcador a superioridade viguesa. Dicir que este mesmo resultado foi o que se produciu no encontro disputado en Vigo hai dous meses.

Os vigueses, e a falta doutros resultados, manteñen a segunda posición na clasificación oficial que lles permite finalizar o ano con boas sensacións de cara a conseguir o obxectivo final.

Agora uns días de descanso para todo o equipo e co comezo do ano chegará a disputa, na nosa cidade, da Copa Galicia de Voleibol, os días 2 e 3 de xaneiro no Pavillón de Coia.

PALENCIA 2010 1 CLUB VIGO VOLEIBOL 3
Parciais; 18-25 (23m.) 18-25 (22m.) 25-15 (23m.) 18-25 (24m.)
PALENCIA: R Garrido; Almansa; Bugallo: Sánchez; Ruiz e Vaos. Libre Llabrés. Tamén xogaron: Mira; Vinuesa e Fornés.
VIGO. -Sánchez; Benassi; Guidolin; Branco; Díaz e Mahia. Libre Regueiro. Tamén xogaron: Galego; Justiniano; Tey e Zayas.
Árbitros: Cerrato e Gómez. Ben
Pavillón da Xuventude. - 150 espectadores.