Derrota do Club Vigo en Melilla

Imprimir

Este era o penúltimo encontro dos vigueses, ante os equipos clasificados na parte alta da táboa. Ata o momento, o rendemento dos vigueses foi moi bo. En Melilla, malia perder, ofreceron un moi bo rendemento aínda que se viron desbordados pola veterania dos locais, que fixeron valer ao longo de cada un dos sets.

No primeiro set, os vigueses comezaron algo fóra do partido xa que os locais marcharon no marcador por catro puntos 8-4, que lles deron moita tranquilidade de cara a afrontar o resto do set. Isto fixo que malia os cambios dos visitantes estes non puidesen resolver os problemas do conxunto. A partir desa diferenza, mantivéronse no partido pero a distancia xa era grande para poder facelo fronte.

O segundo set xa comezou de xeito distinto xa que os empates foron constantes ata chegar ao empate a 9 puntos. A partir dese momento, os visitantes cometeron varios erros o que os fixo sairse do set e aos locais empezar a tomar distancia para poder afrontar este parcial de xeito mais tranquila a como empezara. Os erros dos vigueses eran os que levaban os puntos ao marcador dos locais, e desta forma chegaron a marchar no marcador de ata dez puntos, o que xa significaba unha distancia insalvable.

O comezo do terceiro set, que sería o último, comezou como o primeiro onde os vigueses non atopaban o seu sitio no campo e fallaban balóns, que en situacións normais non deberían fallar. Isto dáballe aos locais que en case cada acción se vían cun punto mais na súa cuadrícula. Ao final do set, os vigueses tiveron unha reacción que non serviu nada mais que para achegarse no marcador, e a remolque foron os vigueses ata a finalización do set e como consecuencia do partido.

C. V. MELILLA 3 CLUB VIGO VOLEIBOL 0
Parciais: 25-19 (32m.) 25-16 (28m.) 25-20 (32m.)
Melilla: Prenafeta; Lizana; González; Ballesteros; De Mena e Morabet. Líbero Alcocer. Tamén xogaron: Faisal e Mohamed.
Vigo: Oscar Sánchez; Penedo; Pérez; Ortega; Alonso e Nathan. Libre Táboas. Tamén xogaron; Isaac Sánchez; Linares e Saúl.
Árbitros: García e Alonso.
Pavillón J.J. Imbroda. 200 espectadores.