Ao Club Vigo séntanlle mal as vacacións

Imprimir

Sempre adoitan ser problemáticos os partidos celebrados despois dun período vacacional e nesta ocasión non o foi menos. Os vigueses, no peor partido en moito tempo, deixáronse ir pensando que se pode gañar con saír á pista e entre os erros e os acertos visitantes deuse vida a un rival que non o parecía tanto pero que levou da nosa cidade dúas puntos moi importantes.

Por parte local non se podería destacar a ninguén xa que os únicos destacados foron os xogadores visitantes que facían cambiar as tornas. O equipo que quere ascender é o mallorquino e os que queren manter a categoría son os vigueses. É dicir que nesta ocasión a vida cambiou e por suposto o resultado. Mentres uns, os visitantes, loitaron de principio a fin sen dar un balón por perdido, os locais deixábanse ir e iso propiciou o resultado final do encontro.

O primeiro set foi o único que poderiamos considerar tranquilo, a todos os niveis, xa que en ningún momento os visitantes daban mostras de ser superiores aos locais, e eran estes últimos os que cando quixeron se foron no marcador.

As cousas empezaron a cambiar no segundo set. Neste chegouse aos dous tempos técnicos con vantaxe do conxunto visitante, o que presaxiaba que as cousas empezaban a poñerse complicadas. Os vigueses non daban mostras de querer gañar e os visitantes loitaban e loitaban sen renderse. Moi emocionante o final deste segundo set e ademais con marcador final longo.

Víase difícil o resultado final e moito mais unha vez comezado o terceiro set. Aquí os visitantes loitaron moito mais que nos sets anteriores e tiveron o seu premio xa que dun xeito moi apertado levaron este set.

As espadas empezaban a estar moi arriba para os homes de Flavio Calafell que non daban mostras de poder cos seus rivais. Estes crían nunha vitoria na que non creron os vigueses e esa fe foi a que lles deu este cuarto set, tamén de forma moi apertada.

O quinto foi sempre para os visitantes que se puxeron dous puntos arriba, 3-5 e souberon manter esa diferenza ata finalizar o set.

Dificil poñen as cousas para os locais e non soamente polo resultado desta encontro, xa que pouco pode influír de cara á segunda fase desta competición, senón pola forma en que se perdeu. Moito deben mellorar para afrontar o seguinte encontro en Sevilla contra o lider da competición e outro dos serios aspirantes ao ascenso que nesta ocasió saíu vitorioso do seu encontro disputado en Castellón contra outro equipo dos grandes da Liga.

CLUB VIGO 2 MELCHOR MASCARÓ 3
Parciais; 25-20 (26m.) 34-32( 32m.) 24-26 (28m.) 23-25 (29m.) 13-15 (18m.)
VIGO: Galego; Guidolin; Thiago; Mahia; Zayas e Diaz. Libre. Regueiro. Tamén xogaron:Blanco;Justiniano;Tey e Sanchez. PETRA; Rocha; Dá Silva; Melendez; De Oliveira; García e Rodríguez. Libre Perelló. Tamén xogaron; Carinelli e Mañas.
Árbitros: Olea e Cordeiro. Ben
Pavillón de Coia. 150 espectadores.