O Club Vigo proclámase campión galego xuvenil

Imprimir

vigo voleibolEsta fin de semana, disputouse no Pavillón de Coia a Fase final do Campionato Galego Xuvenil Masculino baixo a organización do Club Vigo e coa colaboración da Concellaría de Deportes. Esta Fase final coincidiu coa feminina que se celebrou en La Coruña e que organizou o Club Zalaeta.

A este torneo acoden os catro primeiros clasificados na Fase regular e o sorteo, celebrado en La Coruña, deu como resultado que na primeira xornada se enfrontasen o Club Vigo contra o Club Boiro. Para todos esta foi a final anticipada e ademais do encontro do que mais pódese falar. Este comezou cun Boiro lanzado e moi metido no encontro que como resultado diso fixo que o primeiro set se fose á súa cuadrícula. O segundo set foi un paseo para os vigueses. Non tanto o terceiro pero tamén se foi á cuadrícula dos locais por un apertado 25-21. Os locais pensando que xa estaba todo feito relaxáronse e isto aproveitárono os do Boiro para empatar o encontro e obrigar o conxunto organizador a disputar un quinto set. Neste set foi onde se puido ver a un conxunto moito mais armado e sobre todo con moita mais personalidade que fixo as delicias do público, en gran número, e que rematou levando ao equipo en volandas cara a este primeiro triunfo.

Os encontros da segunda xornada, sábado pola tarde, contra Lugo foi moito mais relaxado xa que venceron 3-0 sen grandes dificultades salvo no segundo set onde o EMEVE foi capaz de poñerlle as cousas un pouco mais complicadas chegando a empatarlle o set a 21 puntos, algo que non sucedera antes. Os homes de Manu e Penedo foron capaces de asentarse no set e finalizalo cun 25-22.

Xa cos dous primeiros encontros disputados e vencidos quedaba a terceira e última xornada que se disputou o domingo pola mañá. Nela enfrontáronse EMEVE e BOIRO ambos os dous disputando a segunda praza e que despois dun duro encontro venceron os de Boiro por un 3-0 sendo os sets moi apertados.

O último encontro da xornada non tería ningunha historia. Os vigueses enfrontáronse aos orensanos que viñan de perder os dous encontros disputados as dúas xornadas anteriores e contra os vigueses tiveron que renderse ante o mellor xogo local finalizando o encontro por un claro 3-0. A clasificación final foi: Campión CLUB VIGO. Segundo CLUB BOIRO. Terceiro EMEVE de Lugo e cuarto CLUB OURENSE.

Este campionato supón que do 5 ao 10 do próximo mes de maio os vigueses deben acudir a Almería a disputar a Final do Campionato de España onde esperan realizar un bo papel que mellore a súa participación do ano pasado en Badajoz onde foron sétimos.