O Club Vigo consegue unha grande vitoria ante Mundet

Imprimir

O encontro comezou cunha grande vantaxe no marcador para o equipo visitante, o C.V. AA Llars Munden, 1-5. Pero isto non foi motivo para que os rapaces do Vigo Voleibol non fosen capaces de apertar, sobre todo en bloqueo, e chegaron a empatar o set a 8 puntos. A partir dese momento chegaron a poñerse seis puntos arriba que lles chegaría para levarse este set.

O segundo tivo un comezo moi similar e sobre todo no marcador xa que novamente os catro puntos de diferenza do primeiro set foron os que estaban neste segundo 1-5. Pero nesta ocasión e ao revés que no primeiro os visitantes non se deixaron levar polo bo traballo do bloqueo vigués e chegaron a empatar o set a 17 puntos. Foi precisamente a partir dese momento cando os locais se despegaron no marcador cunha diferenza de catro puntos que foron vos que lle deron tranquilidade para rematar o set.

O terceiro xa foi un paso para os visitantes. Os vigueses viñéronse abaixo e isto xunto coas tarxetas do primeiro colexiado fixeron que todos estivesen máis pendentes dos colexiados que do xogo. A veteranía do conxunto visitante fixo que merecesen este set.

O cuarto, que sería o último, volveu comezar con diferenzas de catro puntos para os visitantes 2-6. Os vigueses empataron a 7 puntos e a partir dese momento e grazas ao seu gran bloqueo e moi boas defensas fixeron que o marcador se puxese cunha diferenza de sete puntos, 20-13, que lles permitiron xogar con grande tranquilidade ata o final do set e do partido. Novamente tres puntos para a cuadrícula local e a seguir ascendendo nos postos da clasificación.

CLUB VIGO 3 LLARS MUNDET 1
Parciais: 25-18 (23m.) 25- 21 (30m.) 20-25 (24m.) 25-21 (25m.)