As renovacións dan forma ao Club Vigo para a próxima tempada

Imprimir

volei praiaDespois de renovar ao corpo técnico, Suso Penedo e Yolanda Sienes, chega a quenda para os xogadores que é a parte non menos importante para o sostemento do Club Vigo na Superliga 2. O obxectivo da tempada pasada era manter a categoría e, dentro do posible, estar na metade da táboa e finalizar a tempada coa suficiente tranquilidade para non pasar apuros.

Este obxectivo conseguiuse e agora toca dar un paso máis cara a diante e tratarase de estar da metade da táboa cara a arriba. Pero son moitos os problemas que deberán solucionar os directivos vigueses toda vez que despois dun exitoso final de tempada se sabía no seo do club vigués que habería moitas noivas para os novos xogadores do Club Vigo. Así foi xa varios dos conxuntos españois desta categoría empezaron a facer ofertas moi tentadoras a varios dos xogadores e que nalgún caso non se trataba tanto de querer levarllos coma de encarecer o propio valor dos devanditos xogadores dentro do seo do Club Vigués.

A situación a primeiros de setembro do ano pasado era un equipo de 12 xogadores todos eles da nosa cidade e salvo Carlos Galego, todos saídos da canteira viguesa. Esta situación foise tornando máis complicada xa que ao longo da tempada tiveron tres baixas importantes e por distintos motivos: Pablo Alonso unha oferta doutro conxunto galego, Cholo Pérez deixouno por problemas de traballo e Manuel Marcote por problemas de estudios. Debemos ter constancia que todos os xogadores do equipo son totalmente amater polo que nada debe estar en contra tanto do seu traballo profesional coma dos seus obxectivos académicos.

Semana de traballo para a directiva viguesa que tratou por tódolos medios que o groso do equipo seguise disputando a competición a tempada que vén, algo que se puido conseguir esperando coñecer a decisión final dalgún xogador que por motivo de estudios podería ausentarse de Vigo.

As xestións do resto dos xogadores que seguirán en Vigo a próxima tempada son os centrais Luis Linares e Daniel Ortega, o oposto Carlos Galego, o colocador Oscar Sánchez, os receptores Nathan Matos, Pablo Penedo, Rubén Táboas e Adrián Pérez e os libres Iván Sienes e Saúl Cerviño.

Faltan por confirmar que poidan saír de Vigo (por razón de estudios) Saúl Cerviño e Rubén Táboas, que indubidablemente todos queren que sigan na nosa cidade pero as cuestións da súa preparación poden facer imposible que sigan xogando e estudando en Vigo aínda que dende o Club espera que poidan seguir.

Polo tanto, quedan dous ou tres prazas vacantes e por conseguinte para cubrir e o traballo empeza agora tanto para os técnicos vigueses coma para os propios directivos. Tamén deberán cinguirse aos medios, escasos, cos que poida contar o Club de cara a poder pechar un equipo o suficientemente competitivo como para conseguir os obxectivos dos que comezaron e que son moi interesantes para todos de cara a que nun futuro próximo poidan regresar á máxima categoría do Voleibol Nacional.