O Club Vigo vence en Almoradí

Imprimir

Considerábase que este encontro podería dar unha idea das esperanzas dos vigueses de cara a conseguir o ascenso á máxima categoría, polo que ambos os dous equipos chegaban con certo nerviosismo propio dunha fase final na que cada punto vale o seu peso en ouro.

Os vigueses veñen de vencer, con apuros, a Castellón e os alicantinos de perder en Sevilla. O enfrontamento difícil e sobre todo o resultado daríalle certa tranquilidade ao equipo vencedor. Se a vitoria significaba sumar tres puntos isto foi o que conseguiron os vigueses o que lles dá moita tranquilidade de cara a afrontar dous encontros seguidos fóra da nosa cidade onde debería sumar mais puntos para disputar os encontros de Vigo con mais tranquilidade.

O encontro comezou con certa igualdade e sobre todo con exceso de nervios por parte dos vigueses. Os erros visitantes facían que os locais se puxesen por diante no marcador por tres puntos, 16-13. Esta diferenza, que podería non ser grande, fíxose inmensa sobre todo polos grandes ataques dos locais comandados por Crespo e Miralles. O ritmo vigués era baixo e non foron capaces de reaccionar o que lles valeu unha derrota neste primeiro set con certa tranquilidade para os locais.

Non quería Calafell que os locais se metesen mais no encontro e que os seus xogadores non fosen capaces de reaccionar. Pero non foi así xa que dende o comezo deste set os visitantes espertaron do seu letargo e comezaron a facer o seu mellor xogo. Isto serviulles para despegarse por catro puntos o que lles deu moita tranquilidade aos seus xogadores e sobre todo permitíalles empatar o encontro a un set, con moita tranquilidade e sobre todo con gran solvencia.

O terceiro set tamén foi loitado por parte visitante e mantendo o mesmo ritmo do set anterior. Despois dos empates iniciais os vigueses despegáronse pronto no marcador 5-8, e mantiñan un ritmo difícil de aguantar por parte local. O traballo en defensa daba os seus froitos e os locais vían que cada vez que podían achegarse no marcador eran os galegos os que marchaban e mantiñan as diferenzas que lles deron este terceiro set.

O cuarto podía ser a cara de can sobre todo polas puntuacións desta tempada onde un 3-2 para calquera dos dous equipos obrígalles a unha repartición de puntos. Por iso os vigueses non querían que isto se repetise como noutras ocasións mentres que os locais tiñan a obriga de loitar ao máximo para non tirar por terra as súas aspiracións de loitar polo ascenso. Para os vigueses os cuartos sets, nesta tempada, son de moita dificultade e sobre todo de excesiva presión e tampouco querían chegar ao sobre todo porque non se traerían os tres puntos e terían a súa clasificación mais difícil. As experiencias desta tempada din que os vigueses nos cuartos sets se veñen abaixo e o perden.

Todo iso significou moitas imprecisións por ambas as dúas partes pero menores as dos vigueses que rapidamente se foron por tres puntos no marcador 7-10 que mais adiante convertéronse en cinco que foron os que serviron para pechar o set e o partido.

A próxima fin de semana párase a competición para a disputa da superliga Junior, o que aproveitará Calafell para dar un lixeiro descanso aos seus xogadores e insuflar mais ánimos de cara aos catro encontros que restan para o final.

ALMORADÍ 1 CLUB VIGO 3
Parciais: 25-21 (26m.)16-25(25m.)18-25(24m.)20-25(27m.)
ALMORADI; García; Agudo; Ferrandez;Crespo; Mateo e Miralles. Libre Ruiz. Tamén xogaron; Castiñeiro e Sampere.
CLUB VIGO: Sánchez; Branco; Benassi: Guidolin; Silva e Diaz. Libre Regueiro. Tamén xogaron: Mahia; Justiniano e Zayas.
Pavillón Municipal. 200 espectadores.
Árbitros:Santana e Bocanegra.