Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

hockey clausuraO ‪‎hóckey‬ a patíns tamén pechou o curso deportivo 2015/16 esta fin de semana dentro do programa municipal de escolas deportivas. O sábado, no pavillón do Carme, no complexo das Travesas, o alcalde de ‪‎Vigo‬, Abel Caballero, e o presidente de VIDE e edil de Deportes, Manel Fernández, entregaron os diplomas e agasallos aos xogadores e xogadoras do Traviesas Hockey Club.

 

vigo-stickO club vigués Traviesas HC conquistou a 37ª edición do prestixioso Torneo Internacional de hóckey a patíns, celebrado a pasada fin de semana, na localidade francesa de Tourcoing. Os vigueses xogaron unha intensa final fronte ao equipo anfitrión, cun abarrotado pavillón, nun partido moi igualado que finalmente se decantou pola escuadra olívica.

 

O club vigués pechou o pasado sábado a tempada, na OK Liga feminina de Hóckey a Patíns, cunha derrota fronte ao Hostelcur Gijón na súa pista (7-0). As de Quique Urdiales non sumaron un só punto en toda a campaña, na que marcaron cinco tantos.

 

O Traviesas HC caeu esta fin de semana na casa na súa dobre cita coa OK Liga Feminina de hóckey a patíns. O sábado facíao co CP Vilanova por 1-9, en partido correspondente á vixésimo cuarta xornada. Onte, no seu último encontro da Liga na casa, perdía co Sant Cugat por 0-15. As de Quique Urdiales pechan a campaña esta fin de semana en Gijón.

 

As viguesas caeron novamente derrotadas, esta vez en Coruña, ante o Borbolla. O Travesas HC segue sen sumar ningún punto na OK Liga de hóckey a patíns. As pupilas de Quique Urdiales perderon por 4-0.