Concello de Vigo    

Cabeceira Vide

xuvenil xuvO pasado sábado, o C.V. Xuvenil participou no Campionato Galego da categoría cadete de voleibol en Monforte de Lemos. Pola mañá a semifinal enfrontaba ao equipo vigués co Liceo de A Coruña. O partido que foi moi intenso, chegando ao quinto set, con parciais que demostraban a intensidade do choque. 25-21, 36-34, 23-25, 31-33 y 15-12.

 

xuvenil teisA próxima tempada 2016/17 o C.V. Xuvenil Teis volverá a participar na Superliga2 tras facer efectivo o pagamento do aval que lle permite gozar da praza no próximo curso. O equipo quere aproveitar a dispoñibilidade de prazas na categoría na que militou esta campaña 15/16, para o ano que vén poder demostrar como con xogadoras da base se poden conseguir cousas moi grandes neste deporte.

 

celta badajozDifícil compromiso o do Celta Zorka no primeiro encontro tras o falecemento de Paco Araújo e as súas xogadoras non fallaron dedicándolle a súa gran vitoria ao seu presidente, nun encontro cheo de emotividade onde non faltou a presenza do presidente de VIDE e concelleiro de Deportes Manel Fernández. O club vigués pediu o seu aprazamento ao Badajoz pero ante a negativa deste, aproveitaron o encontro para renderlle unha merecida homenaxe a Araújo. O resultado foi de 73-54 e as celestes sumaron uns puntos que lle deron a permanencia matemática na categoría.

 

Este sábado e con horario único, todos os partidos serán ás 18:00 h, disputarase o último duelo desta tempada 15/16 que enfrontará ao C.V. Xuvenil Teis co Fisomás Zalaeta no Pavillón de Teis. As coruñesas ocupan a sétima praza e as viguesas a útlima. Á espera de que a RFEVB determine a conformación dos grupos de Superliga 2 do ano que vén, para saber se se mantén a categoría, aínda que sexa pola vía administrativa e non nos campos de xogo. O partido reunirá a todas a categoráis inferiores para despedir a tempada.

 

celta zorkaImportante vitoria a conseguida onte polo Academia Octavio ante o BM La Roca (28-27) nos últimos segundos do partido, que lle permite respirar un pouco máis tranquilo. Méndez, con seis tantos, foi o máximo anotador dos de Jabato que se aferran á categoría acurtando distancia para a salvación. Esta semana adiantan a súa cita liguera ao xoves, na cancha do Juanfersa Gijón.