Cabecera Vide

Derrota do Turismo de Vigo nun partido moi igualado

374xuvenilnovembro2010O C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo caeu derrotado fronte ao Algaida Voleibol por un apertado 2-3.

No primeiro set as de Vigo, sen a súa capitana habitual, demostraron un xogo regular e adxudicáronse o set por un 25-20 en 31 minutos.

A relaxación despois de conseguir este primeiro set fixo perder o segundo por 20-25 en 17 minutos.

A reacción chegou no terceiro para poñer o marcador nun 2-1, cun 25-22.

Houbo moita rotación de xogadoras e os tempos mortos solicitados por Celso Veloso non fixeron reaccionar ás súas xogadoras e as mallorquinas adxudicáronse o set por 22-25.

Chegados ao quinto set, houbo erros por ambas as dúas partes, peor o equipo de Vigo chegou a ter opción de gañar o set pero foise a terras mallorquinas por un 15-17 final.

Ante a tristura da derrota as xogadoras e o técnico só pensan no seu seguinte partido contra Leganés.

Polo C.V. Xuvenil de Teis xogaron: Rosana, Ana, Lucía, Carolina, Lili e Xela.
Como libre Sabela. Tamén xogaron: Maite, Ale e Asia.
Polo Algaida Voleibol xogaron: Pocovi, García, Martínez, Mut, Pocovi, Rodríguez. Como libre Oliver.