Derrota ante o líder do Turismo de Vigo

Imprimir

O C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo perdeu o seu partido contra o líder do a liga FEV GH Ecay Construcciones de Pamplona. O equipo pamplonica configurado para conseguir o ascenso este ano con xogadoras de gran calidade e altura non permitiu ao equipo vigués anotarse ningún set. En todos os sets o comezo era moi igualado pero a metade de set as xogadoras do Ecay impoñían o seu potencial físico e adxudicáronse os tres sets con parciais de 15-25, 22-25 e 16-25.

Polo C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo xogaron: Ana, Rosana, Lorena, Maite, Ale e Xela, como libre Sabela. Tamén xogaron Lucía, Asia e Nati.

O próximo fin de semana o equipo vigués desprazarase ata Madrid para enfrontarse ao equipo de C.U.V. Alcorcón completando a tempada 2010/2011 e intentando manter a sexta praza que ocupan na actualidade mantendo a categoría de cara á tempada seguinte.