Canteranos do Xuvenil de Teis no Campionato de España

Imprimir

O traballo da canteira que se vén desenvolvendo no C.V. Xuvenil de Teis dende hai anos vai a súa recompensa na participación de varios dos seus xogadores no Campionato de España por autonomías das categorías infantil e cadetes de ambos os dous sexos.

Este Campionato dispútase coas catro categorías na cidade de Cartagena dende o día 26 de abril e finalizará o domingo 1 de maio.

En categoría infantil feminina é onde se atopa a maior representación do Xuvenil de Teis con tres xogadoras e o seleccionador Rodolfo Lago. As xogadoras son Xulia Larrán, Mirella Fuentes e María Veiga. No encontro que disputaron contra Canarias gañaron por 3-1, sendo unha sorpresa do torneo.

En categoría cadete masculino Borja Álvarez é o representante do equipo vigués. O seu equipo que xa disputou dous encontros perdeu contra Murcia e gañou o segundo contra Castilla León.