Bo papel das infantís do Xuvenil en Barcelona

Imprimir

No partido disputado o venres, na penúltima xornada do Campionato de España infantil de voleibol que se disputou en Barcelona, as xogadoras do C.V. Xuvenil de Teis Turismo de Vigo sumaron outra vitoria ante o San Jose Obrero por 2-0 con parciais de 25-16 e 25-23.

Xa o sábado, na última xornada, o Xuvenil de Teis gañou o primeiro e perdeu o segundo. Pola mañá impuxéronse novamente ao equipo de Licenciados Reunidos por 2-0, con parciais de 25-22 e 25-23, ao que se enfrontaron na primeira xornada do campionato. Esta vitoria permitía a disputa do partido polo 13º e 14º posto. Neste caso enfrontáronse ao EMV Alhaurín o Grande. Todo ía ben ata que no quentamento unha das centrais de Vigo, Noemi, lesionouse ao pisar a colocadora do outro equipo.

Con este panorama e intentando recuperala para o partido comezou o primeiro set que se adxudicaron as do C.V. Xuvenil de Teis cun parcial de 25-21. No segundo as viguesas descentráronse e perderon por un claro 11-25. Tras este golpe das malagueñas, as viguesas non foron capaces de refacerse e cederon o set por 22-25.

Con este resultado, 14º, as xogadoras de Teis conseguen unha moi boa actuación neste Campionato.