Cabecera Vide

Nova derrota do Xuvenil de Teis

O C.V. Xuvenil Teis, asumiu unha nova derrota contra o CAEP Soria por un set a tres. As xogadoras presentaron bos momentos de xogo no primeiro set, chegando aos dous tempos técnicos diante das de Soria, con parciais de 8-7 e 16-15. Os múltiples fallos en recepción e ataque fixeron que o set se decantase cara ao lado das visitantes, cun 19-25.
No segundo set, o dominio foi claramente para as novas xogadoras de Soria dende o comezo cun parcial de 4-8 no primeiro tempo técnico. Durante o resto do set o dominio foi patente cando chegou a xogadora número 10 de Soria, Porteiro, ao saque e conseguiu facer 6 puntos. Deixando o marcador nun cómodo 17-23. Ao final as súas compañeiras foron capaces de rematar o set cun 17-25.
Aínda que as xogadoras de Teis comezaron con parciais desfavorables no terceiro set que facían presaxiar o final do partido, con parciais de 3-8 e 16-21, na última parte do set sacaron boas xogadas de ataque e de saque conseguindo o set tras un 20-22 en contra. Chegando a un 22 iguais que se resolveu cun 25-22 para as locais.

No terceiro set as xogadoras de Soria conseguiron facerse co set comodamente por 15-25, onde o xogo das locais foi triste e gris.

Polo C.V. Xuvenil Teis xogaron: Rosana, Lucía, Nati, rebeca, Eva e Ania, como libre Lorena. Tamén xogaron Lili e Xulia.
Polo CAEP Soria xogaron: Martínez, Porras, Rodríguez, Barrasa, Porteiro, Lobato e como libre Gomila. Tamén xogaron Canet, Duarte, Rodíguez.