Cabecera Vide

Dobre xornada para o Xuvenil de Teis

Esta fin de semana o equipo de Teis viaxará ata a capital de España para enfrontarse o sábado a partir das 16:00 horas ao cvleganes.com, no pavillón Emilia Pardo Bazán. Este equipo na fase regular quedou último con tan só unha vitoria no seu haber e vén de perder contra o AD Curtidora a semana pasada.

Xa o domingo as xogadoras de Veloso disputarán o segundo partido da fin de semana a partir das 13:00 horas contra o VP Madrid no pavillón CDM Francisco Fernández Ochoa, este equipo, en fase regular, conseguiu dúas vitorias e a pasada xornada gañoulle a Cantabria Deporte. Aínda que o enfrontamento será duro, as xogadoras de Teis terán máis tempo para descansar do partido do sábado, posto que as madrileñas comezan o seu partido ás 20:00 da noite.

Para estes partidos Celso Veloso contará con Lorena Cruz e con Lucía Pérez, esta última achegarase dende Soria onde compatibiliza o seu adestramento de atletismo co de voleibol.