Remata a liga para o Xuvenil Teis

Imprimir
Esta fin de semana finaliza a tempada para o equipo de Superliga2 do C.V. Xuvenil Teis. O equipo de Celso Veloso enfrontarase a partir das 18:00 horas, horario unificado por ser a última xornada, ao cvleganes.com. As madrileñas ocupan a cuarta posición do grupo con tres vitorias nesta fase de permanencia, mentres que as viguesas ocupan a última praza sen vitorias. É a última oportunidade nesta tempada de conseguir unha vitoria para as de Teis.

Para este partido esperase a asistencia das categoráis inferiores ao completo, ao rematar as súas ligas galegas. O equipo cadete feminino disputará o Campionato Galego da súa categoría e tamén o fará o equipo infantil masculino.