Cabecera Vide

As rapazas do Xuvenil de Teis gañan o Campionato Galego cadete feminino de voleibol

O Xuvenil de Teis conseguiu a vitoria no Campionato galego da categoría celebrado en A Coruña. As xogadoras de Rodolfo Lago venceron na final ao equipo de Voley Ourense, cun traballado 3-1. As viguesas chegaron á final tras enfrontarse no primeiro partido ao Zalaeta, equipo que organizaba o campionato.

A experiencia acumulada polas xogadoras este ano en Superliga2, como Xulia e Noemí, foi fundamental para a vitoria na final. Os parciais foron moi apertados en todos os sets, no primeiro foi claro para as viguesas, cun 25-21. No segundo, non obstante, as xogadoras de Ourense conseguiron o set e empataron o partido cun 22-25. Tras este traspiés, as xogadoras de Teis puxeron a traballar en serio para adxudicarse o set por un apertado 28-26. Pero este grande esforzo tívose que manter para poder gañar o cuarto set que lles proporcionaba a vitoria por un resultado outra vez moi apertado, 26-24.

As xogadoras participantes neste Campionato foron: Sara Urrea, Noemí, Xulia, Mirella, Xela, Alicia, Azul, Carmen, Aida, Andrea, María e Antía. Este equipo está formado polas xogadoras infantís Alicia e Antía, e polas alevín, Sara e Andrea.

O equipo disputará entre o 19 e o 23 de xuño o Campionato de España en Cangas de Onís, onde poderá demostrar o seu nivel ante outros equipos de todo o territorio español.