Cabecera Vide

Bo sabor de boca do Xuvenil na primeira xornada do Campionato de España cadete de voleibol

xuvenil_xuo_2013A primeira xornada do Campionato de España cadete por clubs, deixou onte un bo sabor de boca malia o mal inicio da mañá. A primeira hora, as viguesas enfrontábanse ao C.D. Nueva Castilla ante as que caían por 3 sets a cero. Os parciais foron mellores no primeiro e segundo set con 25-18 e 25 -17 para as madrileñas. As da capital apertaron no último set, deixando o marcador das de Teis a 12.

Pola tarde, o resultado cambiou e co equipo de D´o Huyar Murillo. As xogadoras do Xuvenil conseguiron unha vitoria cómoda, aínda que bastante disputada no terceiro set. As xogadoras de Rodolfo Lago conseguiron uns parciais bastante cómodos en todos os sets. O máis folgado foi o primeiro set cun 25-14, no segundo e terceiro deixaron xogar un pouco máis ás de Murillo e conseguiron parciais de 25-16 e 25-19.

O equipo formado por Sara, Mirella, Xela, alicia, Noemí, Antía Alma, Irene, Azul, Carmen e María disputará hoxe o último partido da primeira fase deste campionato.