O Xuvenil de Teis segue sin puntuar

Imprimir

Ás 18:15 comezou o partido feminino que enfrontaba ao equipo de Teis contra Zalaeta, no que se albergaban máis esperanzas de vitoria tras o resultado do primeiro set 25-22. No segundo as viguesas relaxáronse e deixou escapar o set por 17-25. No terceiro volveron reaccionar e tras dúas remontadas as locais conseguiron o set por 25-20.

A saída no cuarto set foi un pouco desconcertante ao empezar cun parcial de 1-7 para as coruñesas, as de Teis non atopaban a forma de xogo dos anteriores sets cedendo este por 20-25. No último set o cambio de campo fíxose con 6-8 e viuse unha pequena reacción nos últimos puntos que non foi suficiente para que o set caese do lado vigués.O resultado final foi 11-15 para as coruñesas.

Polo Xuvenil de Teis xogaron: Candea, Alma, Lorena Posada, Ana, Lorena Cruz e Orballo, como libre Susana.
Polo equipo de Zalaeta xogaron: Arias, Echevarría, Durán, Esperanza, Lago C. e Lago G., como libre Paz.