Cabecera Vide

Derrota do Xuvenil nun partido moi disputado

Outro quinto set xogado nesta tempada e terceira derrota por 3-2 para das rapazas do Xuvenil de Teis que esta vez enfrontáronse ao San Boi. Partido moi disputado dende o comezo. As locais conseguían os sets con máis vantaxe 25-14 no primeiro, pero logo pelexaban para ceder o set para as viguesas 23-25.

Tras o empate a sets volvíase repetir a historia, as de Sant Boi gañaban 25-12 e logo perdían o cuarto set por 23-25. Tras o grande esforzo no cuarto set o quinto foi para as locais cun rápido 15-5.

A primeira vitoria da tempada faise esperar, pero sería un grande aliciente a nivel moral como na táboa de clasificación.

O próximo sábado o partido en casa ante  o CV Torrelavega atrasarase ata as 20:00 horas.