Cabecera Vide

O Xuvenil de Teis recibe ao Torrelavega

O sábado a partir das 20:00 horas, horario pouco habitual en Teis, o equipo de Superliga2, C.V. Xuvenil Teis, recibirá o C.V. Torrelavega que nesta xornada se atopa na primeira posición de la táboa. Tras outro 3-2 en contra as xogadoras de Celso Veloso mostrarán a súa mellor cara para conseguir algún set máis para a súa cuadrícula.

Nesta ocasión o adestrador de Teis poderá contar con todas as súas xogadoras agás Maragda, que se recupera dunha pequena intervención cirúrxica.

Tras o 3-2 contra Sant Boi un dos resultados positivos é a inclusión da capitana Lorena Cruz no sexteto ideal da xornada.