Vitoria do Xuvenil Teis frente á Curtidora

Imprimir

XuvenilO traballo por fin deu os seus froitos e a segunda vitoria da tempada aterrou no pavillón de Teis. O pasado sábado e ante cen espectadores o C.V. Xuvenil Teis gañou por un 3-1 ao AD La Curtidora. O primeiro set, foi por diante sempre o equipo de Tei, comezando cun 4-0 co saque de Rosana Conde. Logo nos dous tempos técnicos o equipo local seguía por diante con parciais de 8-4 e 16-10. E foron capaces de conseguir a vitoria por un 25-21.

No segundo set, as de Avilés non deixaban que as galegas se separasen e houbo infinidade de empates nos primeiros puntos. Ao chegar ao primeiro tempo técnico as locais ían por diante cun 8-6, pero no segundo tempo técnico as visitantes xa se colocaron por diante cun 12-16, vantaxe que non deixaron ata se facer co set por un 21-25.

Parecía que o esforzo do primeiro set ía quedar, como sempre, en nada. Pero tras ir por detrás en todo o set e ao remontar ata un empate a 21 puntos, as xogadoras de Veloso foron capaces de manter o nivel e conseguir o set por 25-22.

Cun parcial de dous sets a un para as locais, a bancada preguntábase cál ía ser o resultado final. Pero as xogadoras de Teis sacaron o seu mellor repertorio ao saque e foron conseguindo os puntos pouco a pouco, Rebeca, Eva, Xulia, Lorena, todas conseguían puntos co seu saque na liña de fondo. Nos dous tempos técnicos as locais colocáronse por diante e a vantaxe chegou a ser de sete puntos. No campo estaban catro xogadoras xuvenís Xulia, Nati, Noe e Eva. As xogadoras da Curtidora perderon os papeis e non foron capaces de facer máis que 14 puntos no final de set. O resultado final 25-14 e tres sets a un e vitoria para as locais.

Xogaron polo C.V. Xuvenil Teis: Rosana, Lorena, Rebeca, Eva, Lucía, Noe e Ania como libre. Ao longo do partido entraron Carmen como segundo libre, Xulia e Nati.

Polo AD La Curtidora xogaron: Weston, Franco, Florez, Marguez, Busto e Martínez, como libre López. Tamén xogaron Vieites, García e Rodríguez.