Cabecera Vide

O derbi galego de voleibol feminino quedou en A Coruña

Tras o bo xogo despregado nas últimas semanas polo C.V. Xuvenil Teis, conseguindo a segunda vitoria da tempada ao enfrontarse ao Fisiomás Zalaeta, non puido repetir a fazaña. As coruñesas, cuartas na clasificación, foron por diante en todo o desenvolvemento dos dous primeiros sets, así os resultados foron 25-19 no primeiro e 25-18 no segundo.

Pero no terceiro set cando as de Teis ían por diante no marcador dende o principio, cun 4-6 e un 10-12, foi cando o marcador final foi máis reducido, 25-16.

O próximo sábado todos os partidos da última xornada se disputarán ás 18:00 e o C.V. Xuvenil Teis recibe ao VP Madrid que ocupa a novena posición.