Cabecera Vide

O Xuvenil de Teis participa na final da Copa Galicia en Lugo

xuvenilVolve a emoción das finais coperas, e nesta ocasión por "partida tripla", xa que ademais do campión de Copa Galicia, se decidirán esta fin de semana tamén os gañadores de la I Edición de Copa Federación e Copa Promesas.

Os equipos de liga nacional reuniranse, o próximo domingo 5 de outubro en Lugo, para celebrar a gran final tanto masculina como feminina no Pavillón Municipal da cidade.

A primeira categoría en decidir o seu título será a masculina, xa que Emevé, Intasa San Sadurniño e Náutico Boiro comezarán o seu triangular a partir de as 10.00 horas da mañá.

A esta última xornada acompáñao un especial ambiente de emoción posto que a Copa dependerá por completo do que suceda na pista lucense. Aínda que o Náutico Boiro teno máis sinxelo, despois de superar os seus dous rivais na pasada xornada, os locais intentarán aproveitar o factor cancha para remontar o resultado adverso e facerse co trofeo.

Pola tarde comezará, a partir de las 17.00 horas, a competición feminina para Emevé, Fisiomás Zalaeta e Xuvenil de Teis. As lucenses son as grandes favoritas a alzarse coa Copa, tras gañar os catro partidos disputados nas dúas concentracións anteriores celebradas en A Coruña e Vigo, mentres que Zalaeta e Teis se disputan con total igualdade o subcampionato, chegando con empate en puntos e vitorias á xornada final.

Un día antes, mañá sábado, coñeceremos xa os gañadores de Copa Federación, que xoga para o apartado masculino en Noia e para o feminino en Pontevedra.

No Alonso Rodríguez noiés disputaranse o título a partir de las 16.00 horas, Fisioterapia Cinesia Noia, Jealsa Voleibol e Emevé. Os locais parten con vantaxe ao manterse invictos con catro vitorias no seu haber, seguidos en segunda posición polo equipo boirense que conta con dous triunfos, e o Emevé, que intentará, nesta última xornada, estrear a cuadrícula.

En Pontevedra, Caldaria Voleyourense, Autos Cancela Zalaeta, XAV Cambados e o equipo local, CV Pontevedra, comezarán a fase final ás 16.30 horas no Pavillón de A Xunqueira 2. As ourensanas son as favoritas tras vencer a todos os rivais aos que se enfrontaron e poñerse en primeira posición da clasificación provisional. Tras elas, en igualdade de condicións, Zalaeta e Pontevedra loitan pola mellor posición posible en la I Edición de la Copa Federación.

Por último, decidiranse tamén esta fin de semana os campións máis novos da historia de Copa Galicia. A nova Copa Promesas reune ás categorías cadetes e infantís, que gozan este ano dunha nova competición á súa medida.

Tras a disputa das dúas primeiras concentracións, o sábado chegará a final masculina a Narón, onde a competición comezará a partir de las 10.00 horas no Pavillón de A Gándara.

No caso feminino, ao ser o liguilla máis extenso, haberá tres grupos. O Grupo A e o Grupo C xogarán as súas finais o sábado a partir das 10.00 horas en Monforte (PM A Pinguela) e A Coruña (P. Zalaeta) respectivamente, mentres que o Grupo B vivirá o seu desenlace o domingo en Cambados (en O Pombal), tamén pola mañá dende as 10.00 horas.

Con esta última concentración, péchase unha renovada edición da Copa Galicia, que a Federación Galega de Voleibol quixo actualizar, creando novas competicións que se adapten mellor aos diferentes niveis técnicos e os obxectivos dos clubs, de maneira que o torneo autonómico continúe sendo un referente do voleibol galego.