Victoria do Secreto Galaico ante Torrejón

Imprimir

Loitada e merecida vitoria das xogadoras do Segredo Galaico ante o equipo de Torrejón por un axustado 3-2. A evolución no nivel de xogo faise ver en cada partido, e os froitos aparecen cunha vitoria que ao principio parecía máis doado ao empezar o partido cun 2-0 en sets cómodo para as locais.Os parciais nos dous primeiros sets 25-16 e 25-20, presaxiaban un partido rápido.

Pero en voleibol nunca pode rematar o partido ata que se pita o último punto. E durante o terceiro e cuarto set as madrileñas, aínda que deixaban que as locais fosen por diante no marcador ao final facíanse cos sets con parciais de 21-25 e 23-25.

Había que ir ao quinto set e o comezo non puido ser mellor, co saque de Xulia conseguiuse un parcial de 7-0. O que fixo pedir un primeiro tempo ao adestrador de Torrejón con urxencia.  Houbo unha pequena reacción das madrileñas pero as locais fixeron valer a vantaxe e fixéronse co set rematando cun potente remate por zona 3 de Lucía Pérez. En ataque do Segredo Galaico resaltar a actuación das dúas centrais Lucía e Sofía, xuvenil de primeiro ano, cun 38 e un 41% de eficacia en ataque e en recepción a ena Cruz cun 70% de efectividade.

Polo Segredo Galaico Xuvenil Teis xogaron: Lucía, Rosana, Crichi, Ania, Xulia, Sofía e como libre Lorena. Tamén xogaron María, Carmen, Eva e Rebeca.
Por o Rede Pisos CV Torrejón xogaron: García, revila, Balda, Estanque, García Pando, De Silva e Maestri como libre. Tamén xogaron Santisteban, García e Álvarez.