Derrota do Secreto Galaico en Tenerife

Imprimir

A visita a Tenerife só deixou unha derrota para o Secreto Galaico Xuvenil Teis. As xogadoras do Fígaro Haris Tenerife, fixeron valer a súa segunda posición na clasificación e o factor cancha para rematar coas galegas cun 3-0 rápido. Os parciais non deixaron reaccionar ás viguesas e foron todos curtos.

No primeiro set as de Arlindo Peixoto chegaron a 15 puntos, non obstante, o xogo rápido das canarias fixo que o parcial só fose de 25-6. No terceiro set e tras empezar cun 6-0 as locais, adxudicáronse o set por un 25-14.

A semana que vén, e xa no desterro de Teis, as de Secreto Galaico recibirán ao Duero Proyel Rivas de Madrid nun horario fóra do habitual, as 20:00 horas e no pavillón de Coia.