Cabecera Vide

Nova vitoria do Secreto Galaico Xuvenil Teis

O traslado a Coia trouxo unha boa noticia para as xogadoras do Secreto Galaico Xuvenil Teis, unha nova vitoria por 3-0. O partido contra Duero Proyel Rivas C. Deporte devolveu a confianza ás xogadoras de Teis. A quinta vitoria da tempada coloca as viguesas na sétima posición a falta de dous partidos para rematar a liga regular. Os partidos que restan son contra dous equipos que ocupan dos das tres primeiras prazas.

O partido presentábase claro para as xogadoras de Arlindo Peixoto, pero algúns erros hiceron que os parciais non fosen tan folgados como se podería pensar. No primeiro set as locais foron por diante nos dous tempos técnicos e fixéronse co set por un 25-18. Non obstante, o comezo do segundo set lle dió certo aire ás de Duero comezando cun 5-8, pero durante o desenvolvemento do set as locais colocáronse por diante cun 16-14 no segundo tempo técnico. A partir de aí a vantaxe seguiu para as de Teis e conseguiron facerse co set por 25-19.

Pero a sorpresa, e o case susto, veu no terceiro set onde as xogadoras de Duero foron por diante na maior parte do set, tamén a participación das xogadoras menos habituais fixo cometer bastantes fallos ás locais. No empate a 18 parecía que as de Secreto Galaico conseguirían facilidade co set, pero algúns fallos fixeron que se chegase a empate no punto 22 e no 23. Ao realizar varios cambios Arlindo as xogadoras tomaron as rendas do partido e sacaron adiante o set e o partido conun 25-23 e unha nova vitoria por 3 sets a cero.

Polo Secreto Galaico Xuvenil Teis xogaron: Lucía, Lorena, Nati, Rebeca, Cris, Xulia e como libre Ania. tamén xogaron Carolina, Rosana, Eva, María e Sofía.
Polo Duero Proyel Rivas C. do Deporte xogaron: Garrido, Pérez, Miranda, Antón, Clemente, Martín e como libre Gimeno. Tamén xogaron Rodríguez, Collado e as xogadoras cadetes Diéguez e Maroto.