Volve o derbi galego á Superliga2 feminina

Imprimir

Volverán verse as caras o Fisiomás Zalaeta e o Secreto Galaico Xuvenil Teis mañá a partir das 19:00 horas no pavillón do Barrio das Flores de A Coruña. O encontro presenta ás coruñesas como terceiras clasificadas e ás viguesas como sétimas. As xogadoras de Zalaeta seguen loitando por unha praza para o ascenso á Superliga.

A este partido poderanse desprazar todas as xogadoras, ata Lorena Cruz, para disputar o encontro. Lucía Pérez Currás volve aparecer no sexteto ideal da Xornada con 5 puntos de bloqueo.

Coa idea de demostrar o seu bo nivel de xogo desenvolvido nas últimas xornadas o equipo viaxará ata Coruña para intentar a sorpresa.