Final da Superliga2 feminina. Oitava praza para o Secreto Galaico Xuvenil Teis

Imprimir

O equipo de Teis, aínda no seu desterro de Coia, deixou un grande sabor de boca a la afección. O Secreto Galaico Xuvenil Teis plantou cara ao líder C.V. Torrelavega conseguindo un 1-3. A festa estaba servida na bancada con regalos do patrocinador Secreto Galaico e camisetas do club que as xogadoras repartiron durante o partido.

No primeiro set e co sexteto de Lucía, Lorena, Rosana, Nati, Rebeca e Ania, e a Carmen como libre, tiveron que facer fronte á potencia de ataque das visitantes e á acumulación de varios erros propios deixaba o set en bandexa ás cántabras por un 17-25.

Visto o primeiro set, Arlindo deixou que as xogadoras máis novas e con menos minutos entrasen o campo como Xulia, Sofía, Eva e Carolina. As xogadoras compartiron a cancha con Ania e Lucía e conseguiron un 15-25. Parece que nese momento as visitantes se relaxaron e entrou a colocadora suplente, o que fixo que as xogadoras de Teis fosen capaces de poñerse por diante nos dous tempos técnicos e tras varios empates dende o punto 17 ao 21 as xogadoras locais se impuxesen por 25-22. Aínda que na parte final de set volveu ao campo a capitana de Torrelavega Sanz.

Tras gañar ese set as locais e co apoio do público se envalentonó para ir diante no primeiro tempo técnico por 8-4. As tornas cambiaron no segundo tempo técnico cando con pouca vantaxe as de Torrelavega se colocaban cun 14-16.  Arlindo foi facendo dobres cambios, de colocadora e oposta, para manter tres ataques na maior parte do set. Chegando con varios empates ata o 24-24. Ao final en dúas accións de pouta das cántabras fixéronse con els et por un 24-26.

As xogadoras de Torrelavega confirman a súa primeira praza e ascenden superliga e as xogadoras de Secreto Galaico obteñen a oitava praza que confirma un ano moi bo para o equipo de Teis.

As xogadoras e corpo técnico despedíronse da afección ata o próximo mes de outubro.

Ao partido asistiron uns 200 espectadores, entre eles o presidente de VIDE e concelleiro de Deportes, Manel Fernández.