Cabecera Vide

Nova derrota para as de Teis

A visita do equipo de Teis a Coruña deparou outra derrota das viguesas. O partido contra Zalaeta comezou ben para as de Teis chegando a poñerse por diante 16-23, pero a falta de experiencia fixo que o set caese do lado das coruñesas por 26-24.

No segundo set só puideron chegar aos 20 puntos. Xa no terceiro set se deixou o esforzo non deixou pasar ás viguesas de 17 puntos. Xogaron Candea, Ana, Lorena, Orballo e Maite. Como libre Susana.

Partido xogado o sábado 16 de xaneiro de 2010.

Os rapaces case dan a sorpresa ante o líder Textil Santanderina, pero o resultado final foi de 1-3. Tras os primeiros problemas coa pista, o pavillón de Teis estaba humedecido, tívose que disputar no pavillón de Coia con 4 horas de atraso. No primeiro set os santanderinos demostraron por que ocupan a primeira praza do grupo deixando os vigueses cun marcador de 19-25. No segundo set e tras sentar a dous titulares o equipo vigués conseguiu facerse co set por un apertado 26-28. No terceiro set e tras a incorporación dos titulares o equipo de Santander deixou claro o seu potencial cun parcial de 21-25.

No cuarto set o equipo de Teis conseguiu dar unha grande imaxe conseguindo un empate a 21, pero un fallo arbitral deulle o punto aos visitantes. Conseguindo que os locais perdesen os nervios, tras varios erros, e recibisen unha tarxeta amarela co que o marcador final foi conseguido doadamente polos líderes quedando en 24-26 o resultado. Xogaron Vao, Bote, Amable, Cristóbal, Román e Iván, como libre Pastor. Tamén xogaron Jorge e Miguel.