O Ibericar Turboatracción Xuvenil Teis organiza o Campionato Galego de categoría cadete, esta fin de semana no pavillón de Coia, posto que o pavillón de Teis, sede do club, segue en obras. O sábado en horario de mañá e tarde, e o domingo pola mañá, disputaranse os encontros que enfrontan os catro mellores equipos galegos da categoría.
Emevé de Lugo, Liceo de A Coruña, Ribeira Sacra de Monforte de Lemos e o equipo de Teis Ibericar, loitarán pola praza que da paso ao Campionato de España.
Os horarios serán sábado ás 10:00 Emevé contra Liceo. Ás 12:00 Ibericar Turboatracción Xuvenil Teis contra Ribeira Sacra. Pola tarde a partir das 17:00 h., Ribeira Sacra contra Emevé, e ás 19:00 h., Ibericar Turboatracción Xuvenil Teis contra Liceo.
O campionato finalizará o domingo a partir das 10:00 da mañá, enfrontando a Liceo contra Ribeira Sacra, e ás 12:00 h., Emevé contra Ibericar Turboatracción Xuvenil Teis. Tras este partido, realizarase a entrega de trofeos aos participantes.
Durante todo o campionato haberá degustacións de café e outros produtos para o público asistente. Anímase a todos os namorados do voleibol que se acheguen posto que a entrada é gratuíta.