Cabecera Vide

Dobre derrota do Turismo de Vigo

Os dous equipos caeron por idéntico resultado nos seus encontros. As rapazas que recibían ao Extremadura Arroyo, non foron capaces de manter un ritmo alto de xogo e caeron por idéntico resultado 0-3, con parciais de 10-25, 14-25 e 14-25. Demostrando as extremeñas por que ocupan a segunda praza do grupo.

Por Regueiro xogaron: Román, Cristina, Camisón, Dias, Rodríguez e Solaina, como libre Gómez. No Xuvenil de Teis Turismo de Vigo xogaron Candea, Ana, Lorena Posada, Carolina, Alma e Susana, tamén xogaron Maite e Sabela. Como libre Lili.

Destacar a actuación desta última xogadora que sendo de categoría xuvenil soubo manter un alto nivel de recepción co grande saque das extremeñas.

Os rapaces no seu desprazamento a Oviedo perderon 3-0 contra o C.V. Oviedo con parciais de 25-19, 25-16 e 25-23. Esta derrota coloca aos vigueses na sexta posición e ao equipo asturiano na terceira do grupo A.