Cabecera Vide

O Xuvenil caeu na cancha do Covadonga

xuvenilNunha cancha sempre complicada, a do RGC Covadonga de Gijón, as rapazas do Xuvenil Teis, de superliga 2, non puideron estrear a cuadrícula de vitorias na última xornada. As asturianas foron moi superiores, levándose o seu primeiro triunfo da tempada ante as nosas en tres sets.

Tras a incerteza do primeiro set, dominado por completo polas asturianas, parecía que as rapazas de Celso Veloso reaccionaban no segundo, pero as locais non deron opción. Cun saque moi complicado e bo xogo nos momentos máis decisivos, conseguiron o set máis axustado do partido, 25 a 22.

As viguesas xa non se recuperaron e caeron vítimas do servizo asturiano e a súa efectividade en ataque no terceiro, 25 a 19.

O próximo sábado, as de Teis terán unha nova oportunidade, esta vez na casa, ante o Universidad de Valladolid a partir das 18.15 horas, no pavillón de Teis.