Cabecera Vide

Nova derrota do Xuvenil Teis

A forza no ataque do Cuesta Piedra fixo que a vitoria fose para as visitantes cun contundente 0-3. Pero os parciais 13-25, 18-25 e 18-25 non demostran o traballo e esforzo desenvolvidos polo Xuvenil Teis.

Aínda que no primeiro set as canarias demostraron a súa fortaleza co bloqueo de Marisa Fernández e o contundente ataque de Wanda Banguero. Pero no segundo set o comezo foi inmellorable cos ataques de Lucía e de Eva que facían conseguir vantaxes ata o empate a quince puntos. Cando Banguero entrou ao saque cun potente saque en salto que abandonou no punto 22.

No terceiro set, aínda que as de Teis estiveron preto case todo o tempo a experiencia das canarias fixo q adxudicásense o set e o partido. Cabe destacar a actuación de la xuvenil Carla como central.

Polo Xuvenil Teis xogaron: Lucía, Carla, Eva, Ania, Xulia, Alicia e como libre Rosana. Tamén xogaron Sara, Laura, Nati e Carolina.
Por o Cuesta Piedra xogaron: López, Banguero, Martín, Amoedo, Fernández, Fernández Conde e Gestoso como libre.