Cabecera Vide

Fin de semana negra para os equipos Siareiros, salvo para o Magope e o Bembrive

Octavio, Celta Baloncesto, Xuvenil, Vigo, Las Cinco Jotas, Amfiv e Blusens perderon nos seus respectivos compromisos ligueiros, só o Magope gañou no seu desprazamento a A Cañiza e o Bembrive que empatou en Valladolid.

O Academia Octavio perdeu en terras andaluzas ante o Antequera (28-24) o que lle leva ao último posto de la clasificación. Os de Jabato mereceron algo máis tras un partido no que o conxunto vigués se puxo por diante nos instantes iniciais, pero foi cedendo conforme avanzaban os minutos. Os académicos reciben o domingo ao Zumosol ARS Palma del Río en Travesas (12 h.).

As rapazas do Celta Baloncesto caeron derrotadas ante o Ciudad de los Adelantados (80-55), nun encontro onde as canarias sentenciaron no segundo cuarto cun parcial de 30-9. Con esta derrota as celestes sumaron a sexta da tempada, antes do derbi contra o Arxil do próximo sábado en Navia (17 h.).

O CD Mosteiro Bembrive de fútbol sala xogou en terras castelás onde houbo repartición de puntos. Enfrontábase ao CD Universidade de Valladolid e o marcador final foi de 5-5. Esta semana, os vigueses reciben ao Salga Ourense. O encontro será o sábado 5, ás 18.30 h. no Pavillón de Bembrive.

O Xuvenil Teis tiña dobre xornada de competición. A primeira cita era ante o Torrelavega (0-3) onde caeu derrotado ante o líder do Grupo A de ala superliga Feminina 2, e que non deu lugar ás sorpresas na súa visita a Vigo. E onte pola mañá xogaba o seu segundo partido, esta vez ante o CEP Soria (1-3), en encontro adiantado a petición das visitantes, pero esta vez cun xogo brillante, e nun encontro que deixou bo sabor de boca aos numerosos afeccionados que se achegaron ao Pavillón de Teis. Esta fin de semana enfrontarase ao Fisiomás Zalaeta a domicilio.

Igual sorte correron os rapaces de voleibol, o Club Vigo perdeu o derbi ante o Boiro (3-1) nun partido no que os xogadores de Suso Penedo e Yolanda Sienes mostraron menos fortaleza mental que os seus rivais. Esta fin de semana volveran a Coia para recibir ao F.C. Barcelona, o encontro será o sábado 5, ás 18.30 h.

Las Cinco Jotas UB Lavadores non tivo opción ante o Embutidos Lalinense-BM Lalín (24-31), que dende o principio se fixo co mando do partido. Esta fin de semana enfrontaranse ao ED Poio Artai a domicilio.

Ao Amfiv a ilusión duroulle un cuarto e medio ante o CD Ilunion (56-82). O cadro vigués cedeu malia un arranque de encontro no que se atreveu a soñar coa sorpresa. Os pupilos de César Iglesias, salvo carambola improbable, terán que pelexar por continuar a próxima campaña na máxima categoría nacional na Fase de Descenso da División de Honra. Esta fin de semana toca xornada de descanso.

O Blusens Vigo Rugby, sen bonus pero con orgullo, caeu derrotado ante Aparejadores de Burgos R.C. (20-29). Os vigueses pelexaron pola vitoria ata o último suspiro co líder, e quedaron sen premio nun inxusto final. Esta semana viaxan a terras guipuzcoanas para enfrontarse ao Zarauz R.T.

E finalmente, o único que gañou esta fin de semana, dos Clubs Elite Siareiros, foi o Magope Seis do Nadal-Coia que o facía completando un bo partido en A Cañiza ante o Saeplast. Os vigueses sumaron a súa terceira vitoria consecutiva a domicilio. Nesta ocasión nun partido que foi de menos a máis. Esta fin de semana, viaxarán a Bueu para enfrontarse ao Servi-Auto.